fbpx

Aberta contratación de masterclass

A continuación detállanse os cursos/masterclass con programación fechada que pomos a disposición de escolas, conservatorios e asociacións culturais. Ademáis de estas, podemos preparar masterclass á medida das necesidades ou intereses do contratante.

Para máis información podedes porvos en contacto conmigo no ederezo electrónico comunicacion@isidrovidal.com

Curso de interpretación de gaita de fol

Contidos:

          A escrita musical para a gaita de fol: contexto histórico e social, e a súa aplicación.

          Articulación e ornamentación: definición, usos e interpretación.

          Tonalidades habituais e distribución dos pedais harmónicos.

          Fraseo e liña melódica.

          Práctica interpretativa.

Duración mínima: 12 horas

Curso Afinación

Contidos:

          Emisión do ar e presión do fol.

          Percepción auditiva.

          Tonalidade ou Modalidade.

          Distribución do plano harmónico e melódico.

          Sistemas de afinación habituais: Natural ou temperado.

          Acondicionamento da cana (simple e dupla).

          Entoación do punteiro.

          Axuste dos bordóns.

          A cuestión da afinación dende a práctica interpretativa.

Duración mínima: 8 horas

Outras formacións:

Se requires calquer outro tipo de formación en formato masterclass, curso ou charla podes porte en contacto conmigo para elaborar un plan a medida.