fbpx

Masterclass De Gaita Galega En Vigo

O próximo domingo 13 de xuño, Isidro Vidal impartirá unha masterclass de gaita galega na cidade de Vigo. Esta formación realizarase no espazo da Academia de Música Kairos.

Debido á situación actual, esta masterclass levarase a cabo de forma individual para garantir o cumplimento de tódalas normativas Covid.

Nesta masterclass traballaranse a técnica e interpretación de músicas do eido da tradición e o folque, así como a afinación, o axuste de alturas e o son do instrumento, en función das necesidades do alumno.

 

Infórmate en:

659853211

escuelademusicakairos@gmail.com

Isidro Vidal é titulado superior de música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, titulado profesional de Gaita Galega, e posúe diversas formacións en composición, luthería, así coma en diversos instrumentos (percusións, guitarra, zanfona, frautas,…).

É profesor no Centro Superior de Música de Galicia (impártese a titulación oficial), e en diversos centros non regrados de música nas provincias de Ourense e Pontevedra, e dirixe o seu propio centro de música (con ensinanza presencial e online). Durante estes últimos anos, imparte diversas masterclass en Cataluña e Portugal.