Músicas á carta
Co remate do ano escolar e a entrada das vacacións de verán que alterno con concertos e algunhas masterclass puntuáis, retomo as composicións por encarga.
Todos os que na anterior convocatoria non puidéchedes ter a vosa composición debido á gran demanda que tiven e por non poder abarcar tanto traballo, recibíchedes un recordatorio esta mañá sobre esta nova convocatoria.
Para os que non vos animástedes, tedes unha nova oportunidade hoxe, e que estará dispoñíbel ata fin de agosto de 2021.
Podedes escoller o título, o xénero, a dedicatoria e a duración da mesma dentro duns parámetros establecidos. En definitiva, unha peza feita á vosa medida. Será esto unha apertura á sastrería musical dentro do folclore?

Prezos:
90,75€: Peza de dúas partes para gaita solista enviada en PDF con opción a dedicatoria.
108,90€: Peza de dúas partes para gaita solista enviada en PDF e audio con opción a dedicatoria.
121€: Peza de tres partes para gaita solista enviada en PDF con opción a dedicatoria.
181,50€: Peza de tres partes para gaita solista enviada en PDF e audio con opción a dedicatoria.
242€: Peza de tres partes para dúo de gaita enviada en PDF e con opción a dedicatoria.
363€: Peza de tres partes para dúo de gaita enviada en PDF e audio con opción a dedicatoria.
Condicións:
* As partituras enviaranse en sistema Do/Re en función da escolla do cliente.
** So se enviarán as partituras das partes de gaita.
*** As gravacións en audio incluirán a/s parte/s de gaita/s e un arranxo de percusión tradicional.
**** Ata a recepción do pago non se aceptará ningunha encarga.
***** O pago realizarase vía transferencia bancaria. Existe posibilidade de pagar vía paypal cun pequeno recargo.
****** Prezos vixentes para xullo e agosto de 2021 con tódolos impostos incluídos.
******* A propiedade intelectual e dereitos de autor pertencerán en exclusiva a Isidro Vidal.
Queres máis información? Envíame un correo electrónico a comunicacion@isidrovidal.com e resolvereiche todas as dúbidas.