fbpx

Este nadal regala música

Se este ano queres facer un agasallo sorprendente, orixinal e único, regala música.

Dende fai varios anos escribo música por encargo para varios artistas, e por estas datas ofrézoche a posibilidade de que lle regales unha peza musical dedicada a quen queiras.

Recibirás no teu email a partitura en PDF e a gravación en audio dunha peza de tres partes exclusiva para gaita solista, feita a medida.

Ti escolles o título, o xénero e estilo musical, a tonalidade ou modalidade, e a quen lla queres dedicar.

Queres máis información? Envíame un correo electrónico a comunicacion@isidrovidal.com e resolvereiche todas as dúbidas.

*Producto en oferta durante o mes de decembro de 2020.
**A propiedade intelectual e dereitos de autor pertencerán en exclusiva a Isidro Vidal.

Algúns exemplos dalgunhas pezas musicais: